Deteñen unha parella de Vigo por golpear coas muletas e tusirlles aos axentes
Publicado o 20/05/2020 14:12
A Policía Local de Vigo detivo unha parella de mozos por pegarlles muletazos aos axentes e tusirlles cando os querían multar por camiñar de madrugada cara á praia da Punta. Ocorreu á unha da noite, horario en que está prohibido pasear durante o estado de alarma. Nun primeiro momento alegaron que ían a unha farmacia, pero como non había ningunha preto cambiaron a versión. Cando os axentes se dispuxeron a multalos, o rapaz atacounos coa muleta e propinoulles varias patadas, mentres que a moza lles tusiu na cara e os insultou.
Ambos foron arrestados e trasladados ao hospital para comprobar o seu estado físico antes de pasar a disposicón xudicial.
Máis sobre Vigo
05/03/2021 21:18
04/03/2021 16:59