Deteñen unha banda de albanokosovares que roubaba en vivendas da zona de Vigo
Publicado o 07/05/2020 14:04
En Vigo, as parroquias de San Miguel de Oia e Saiáns foron as máis castigadas por esta banda que accedía ás vivendas previamente marcadas. Actuaba á última hora do serán ou á primeira da noite, cando tiñan a certeza de que non estaban os propietarios.
Os botíns foron bastante elevados: caixas fortes, pezas de alta xoiería, reloxos, obras de arte, cartos ou efectos electrónicos. Nalgúns casos roubaron máis de trinta mil euros.
O líder de 28 anos foi localizado nunha vivenda da Estrada onde apareceron tamén moitos dos obxectos subtraídos en diversas vivendas da bisbarra de Vigo. Á banda atribúenselle dezasete roubos. O home ten abundantes antecedentes policiais. Tiña prohibida a saída de España e tamén o acceso a territorio Schenguen.
Máis sobre Vigo
27/02/2021 14:47
24/02/2021 15:16
24/02/2021 13:58