CRTVG

Buscar

Deteñen un veciño de Verín cando forzaba unha furgoneta

Publicado o 04/05/2020 14:21

A Garda Civil detivo un veciño do concello ourensán de Verín por 9 roubos e 4 furtos en aparcadoiros da localidade.

O presunto ladrón ten 53 anos e está acusado de forzar a porta de varios vehículos para despois subtraer do seu interior ferramentas e útiles persoais.

A investigación levaba aberta desde xaneiro e rematou cando os axentes o sorprenderon forzando unha furgoneta.

Noticias web

04/05/2020