CRTVG

Buscar

Deteñen un neno de 8 anos cunha discapacidade nos Estados Unidos

Publicado o 12/08/2020 10:00

Hai actuacións policiais nos Estados Unidos que nunca deixarán de sorprendernos. E, dito sexa de paso, oxalá nunca nos afagamos. Dous axentes de policía deteñen, cachean e esposan un rapaz de só oito anos, e cunha discapacidade. Fano dentro dunha escola, en que o rapaz participaba nun programa de educación especial. Unha mestra susbstituta chamou a policía por unha reacción agresiva do neno. Por tal cousa, levárono no asento traseiro dun coche patrulla, tal cal delincuente, a un centro de detención.

Pasou hai dous anos, pero a familia vai denunciar agora, cando se difundiron as imaxes, e puideron comprobar o sufrimento do neno, que non para de choromicar en todo momento.



 

Noticias web

12/08/2020