CRTVG

Buscar

Deteñen un mozo que intimidaba as pacientes do hospital de Lugo

Publicado o 18/02/2020 11:10

En Lugo, detiveron a un mozo que intimidaba as usuarias da piscina de rehabilitación do HULA. A Policía Nacional iniciou unha investigación a raíz das queixas da pacientes.

As mulleres denunciaron a conduta desfiante do mozo e que este acostumaba meterse nas zonas habilitadas para as doentes, coma os seus vestiarios.

O detido é tamén usuario da área de rehabilitación. Está acusado dun delito contra a liberdade sexual.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/02/2020