CRTVG

Buscar

Deteñen un mozo en Málaga circulando a máis de 200 km/h

Publicado o 23/12/2019 15:12

Un mozo de 21 anos pasou a disposición xudicial en Málaga como suposto autor dun delito contra a seguridade viaria.

O mozo foi identificado pola Garda Civil como o condutor do vehículo que aparecía nunhas imaxes colgadas nas redes sociais circulando a 202 quilómetros por hora nun vía limitada a 80.

Os feitos ocorreron no mes de maio pasado no interior dun túnel da autovía A-7, preto da localidade malagueña de San Pedro de Alcántara.

Noticias web

23/12/2019