CRTVG

Buscar

Deteñen un mozo de 17 anos por tirar un neno de 6 desde un balcón dun museo de Londres

Publicado o 05/08/2019 16:16
Deteñen un mozo de 17 anos por tirar un neno de 6 desde un balcón dun museo de Londres

A Policía de Londres arrestou un rapaz de 17 anos por tirar un neno de 6 anos por un balcón do Museo Nacional Británico de Arte Moderna.

O agredido está en estado crítico despois de caer desde o décimo ata o quinto andar do edificio. A coñecida galería de arte pechou as súas portas ata que a policía investigou o sucedido e trasladou o neno de seis anos ao hospital máis próximo.

O balcón deste museo é un dos puntos de referencia turísticos de Londres para contemplar as vistas da capital británica.

Noticias web

05/08/2019