Deteñen un home nun centro comercial de Vigo por roubar botellas de champaña valoradas en 400 euros
Publicado o 26/08/2020 14:47
Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo un home que tentou roubar nun centro comercial da cidade 10 botellas de champaña valoradas en 400 euros.
O home está acusado dun intento de roubo. O seu botín estaba composto por dez botellas de champaña valoradas en máis de 400 euros. Ao presunto autor destes feitos tamén se lle requisaron os alicates cos que cortou o precinto de seguridade.
O individuo foi visto polo servizo de seguridade do centro comercial, que avisou a policía. As botellas foron atopadas dentro da mochila que portaba o detido.
Máis sobre Vigo
04/03/2021 16:59
02/03/2021 21:26