CRTVG

Buscar

Deteñen un home en Vigo tras fuxir dun control e atropelar un policía

Publicado o 05/05/2020 14:06

Outra agresión ás forzas de seguridade, desta vez en Vigo. Un home foi detido tras fuxir no seu vehículo e atropelar un policía.

O arrestado tratou de saltar un control en Castrelos. Un axente deulle o alto e o condutor realizou unha manobra evasiva. Iniciouse entón unha persecución á que se uniron varias patrullas da Policía Local. Un dos axentes interpúxose na traxectoria do fuxido e este atropelouno, chegando a caer sobre o capó do coche. O home seguiu acelerando ata que conseguiron interceptalo a cinco quilómetros. O arrestado deu positivo no test de drogas.

Noticias web

05/05/2020