CRTVG

Buscar

Deteñen un home en Pontevedra ao que lle atribúen 50 estafas informáticas por toda España

Publicado o 14/05/2020 18:40

Axentes da comisaría de Pontevedra detiveron un home de 32 anos a quen se lle atribúen medio cento de estafas informáticas por toda España. Os calotes afectaban a compravenda de material informático e os investigadores do grupo de ciberdelincuencia da Policía Nacional cren que o presunto estafador puido gañar uns 8.000 euros. A investigación comezou hai meses e continúa aberta, polo que non se desbota que aumente o número de vítimas. A Policía Nacional aconsella adquirir produtos en páxinas web de confianza e non compartir nunca contrasinais de banca electrónica.

Noticias web

14/05/2020