CRTVG

Buscar

Deteñen un home en Novo México por disparar a manifestantes que participaban nunha protesta antirracista

Publicado o 17/06/2020 09:10

Un home foi detido en Novo México por disparar a manifestantes que participaban nunha protesta antirracista.

Os manifestantes pretendían derrubar a estatua dun explorador español do século XVII. O detido, que intentaba protexer o monumento, disparou ao aire cunha arma de fogo. Un manifestante resultou ferido na cara e foi hospitalizado en estado crítico.

Noticias web

17/06/2020