CRTVG

Buscar

Deteñen un home en Lugo por un presunto delito de violencia de xénero

Publicado o 07/01/2020 20:49

En Lugo, a Policía Local detivo un home por agredir, presuntamente, a súa parella e impedirlle saír da casa. Os feitos aconteceron tanto dentro dun domicilio coma nas escaleiras dun edificio desta rúa da cidade.

A muller denunciou ante os axentes que despois dunha discusión a súa parella lle propinou varios empurróns para introducila na vivenda e a agarrou contra a parede e mesmo manifestou que o home tiña unha actitude moi agresiva e daba puñadas contra a parede.

Os axentes localizaron o home e detivérono como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

Noticias web

07/01/2020