CRTVG

Buscar

Deteñen tres persoas na contorna de Vigo por tenza ilícita de armas

Publicado o 05/03/2020 14:20
Deteñen tres persoas na contorna de Vigo por tenza ilícita de armas

Polo menos tres persoas foron detidas na comarca de Vigo nunha operación da Garda Civil por tenza ilícita de armas.

Nas últimas horas realizáronse diferentes rexistros na provincia de Pontevedra. Neles localizáronse armas de fogo ilegais ocultas concretamente nunha leira de grandes dimensións en Ponteareas.

Poucos detalles trascenderon desta operación xa que se decretou o segredo de sumario. Estas tres detencións prodúcense meses despois de que a Garda Civil levase a cabo a Operación Iceberg, que se saldara coa incautación en maio de máis de 80 armas de guerra e munición tamén en Ponteareas.

Noticias web

05/03/2020