CRTVG

Buscar

Deteñen tres homes na provincia da Coruña acusados de extorsionar dous gandeiros de Cantabria

Publicado o 21/06/2019 13:39
Deteñen tres homes na provincia da Coruña acusados de extorsionar dous gandeiros de Cantabria

A Garda Civil detivo tres persoas, dúas españolas e unha de nacionalidade senegalesa, residentes na provincia da Coruña acusadas de extorsionar dous gandeiros de Cantabria. 

Os feitos foran denunciados en febreiro ante a Policía Nacional de Santander. Unha das supostas vítimas aseguraba ter recibido ameazas para cobrar unha suposta débeda. Segundo declarou comprara sementes de millo por un valor superior a 9.000 euros a unha empresa galega, pero non os cartos non foron aboados ao non dar o resultado esperado.

Ao parecer, o dono da empresa informou á vítima que tiña que pagar e que do contrario recibiría a visita de dúas persoas para agredilo.

En outubro do ano pasao visitaron á vítima dous homes que lle comunicaron que se non pagaba, ao contado ou a prazos, tiñan outros métodos para cobrar, chegando ás ameazas, incluso con secuestrar algún membro da familia. 

Posteriormente recibiu información que apunaba ao seguemento dun dos seus fillos polo que decidiu realizar pagos mensuais. 

Durante a investigación a Garda Civil identificou os dous homes. Ademais en novembro reciben outra denuncia de feitos similares por parte dun gandeiro de Bárcena de Cicero, o que tamén aquirira sementes por valor de 4.000 euros á mesma empresa.

Finalmente, procedeuse á detención de tres persoas, o propietario da empresa e outros dous homes como supostos autores de dous delictos de extorsión.