CRTVG

Buscar

Deteñen o suposto atracador dunha lavandaría de Boiro

Publicado o 05/03/2020 14:10

Detiveron o home que, supostamente, asaltara a lavandaría de Boiro a semana pasada. O atraco fora recollido con todo luxo de detalles polas cámaras de seguridade. O home protexíase cun paraugas e achegábase coa cabeza tapada á máquina en que os clientes cambian as moedas, arrincábaa a golpes e marchaba con ela.

O dono contara que o delincuente debía de ser da zona e atinou, porque se trata dun veciño da localidade. Amais deste, impútanlle outros tres roubos máis nos meses de xaneiro e febreiro: en dous estancos de Rianxo e nunha farmacia de Boiro. En total levaría unha cantidade superior aos 1.300 euros. O xulgado de Ribeira deixouno libre coa obriga de comparecer cada quince días.

Noticias web

05/03/2020