CRTVG

Buscar

Deteñen o cuñado da muller asasinada en Burgos pola súa parella

Publicado o 09/07/2019 18:20

O irmán do presunto asasino de Monika Asenova foi detido nas últimas horas. A muller foi apuñalada onte polo seu marido, de 39 anos, que tras cometer o crime entregouse e confesou os feitos. Agora as investigacións apuntan a que o cuñado da falecida tamén a maltrataba cando o home dela non estaba na casa.

Informou deste extremo o subdelegado do Goberno en Burgos, que tamén apuntou que existen indicios de que os dous homes tamén exercían violencia contra as dúas fillas da muller, as dúas, menores de idade.

Noticias web

09/07/2019