CRTVG

Buscar

Deteñen na Coruña dous supostos autores de roubos no centro da cidade

Publicado o 17/01/2020 14:37

Na Coruña, veciños e hostaleiros da céntrica rúa Fernando Macías xa poden estar máis tranquilos ante a vaga de roubos que os tiña atemorizados nos últimos meses.

A Policía Nacional detivo dous dos presuntos autores dos roubos cometidos na zona. Os dous cun amplo historial delituoso. Un ten 49 anos e trinta detencións anteriores, e outro é un varón de 53 con máis de 45 arrestos, a maioría roubos con forza. Os dous xa ingresaron en prisión provisional. Aínda así, os comerciantes continúan insistindo na necesidade de reforzar as medidas de seguridade no barrio. Piden melloras na iluminación pública e tamén maior presenza policial.
 

Noticias web

17/01/2020