CRTVG

Buscar

Deteñen en Vigo un motorista baixo os efectos das drogas

Publicado o 12/05/2020 14:11

Un motorista que ía baixo os efectos das drogas foi detido en Vigo despois dunha espectacular persecución policial. Circulaba de forma temeraria, saltando as liñas continuas, nunha moto sen seguro nin ITV.

Cando os axentes intentaron interceptalo, fuxiu. Finalmente, foi detido despois de arremeter contra un policía que se interpuxo na súa traxectoria. O home, ao que lle comisaron, ademais, unha bolsa de haxix, foi arrestado por delitos contra a seguridade viaria e atentado á autoridade.

Noticias web

12/05/2020