CRTVG

Buscar

Deteñen en Vigo un condutor que houbo levar por diante varios peóns

Publicado o 22/05/2020 14:57

A Policía Local de Vigo detivo un condutor que ía drogado e que estivo a piques de levar por diante varios peóns en pleno centro da cidade.

Os axentes detectárono no cruzamento da travesía de Vigo coa Vía Norte. O home ía realizando freadas bruscas e chegou a saltar un semáforo en vermello poñendo en perigo a 8 persoas que tiveron que escapar para evitar seren atropeladas. O condutor fuxiu ata ser localizado nunha rúa sen saída. Nese momento botou a man ao peto do pantalón e ante o temor de que sacase unha pistola, os axentes apuntáronlle coas armas. O detido deu positivo en catro drogas distintas.

Noticias web

22/05/2020