CRTVG

Buscar

Deteñen en Verín os dous asaltantes dunha vivenda en Lisboa

Publicado o 29/08/2019 14:34

A Garda Civil de Ourense detivo en Verín dous homes aos que lles constaba unha orde internacional de busca. Presuntamente asaltaron unha casa e raptaron e tirotearon o dono e unha sobriña da que supostamente abusaron sexualmente en Lisboa.

Os axentes montaron un amplo dispositivo de vixilancia e localizáronos no centro da vila de Verín onde viron que collían un taxi. Pedíranlle ao taxista que os levara ata a localidade leonesa de Sahagún. Os axentes, en canto tiveron oportunidade, puxeron en lugar seguro o taxista e procederon á detención, sen que ofrecesen resistencia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/08/2019