CRTVG

Buscar

Deteñen en Madrid tres atracadores por asaltar 11 farmacias

Publicado o 13/04/2020 15:32

O 'modus operandi' dos atracadores detidos onte era sempre o mesmo: dous deles ameazaban con armas os empregados dentro do despacho de farmacia mentres un terceiro realizaba funcións de vixilancia no exterior. Tras roubar os cartos da recadación, emprendían a fuxida á carreira.

Esta operación policial únese á realizada a pasada semana e a resultas da cal foron tamén detidos dous individuos collidos en fragante cando atracaban unha botica no distrito de Carabanchel. A actuación dun policía de paisano que observou o asalto permitiu daquela frustrar o roubo.

Cos arrestos de onte, a Policía Nacional agarda esclarecer un total de 19 atracos a farmacias na comunidade de Madrid desde que comezou o estado de alarma a mediados de marzo.

Noticias web

13/04/2020