CRTVG

Buscar

Deteñen en Lugo un mozo que ameazou de morte a dous axentes aos que intentou roubarlles unha pistola

Publicado o 27/12/2019 15:14

A policía prendeu en Lugo un mozo de 24 anos que ameazou de morte os axentes e mesmo tentou roubarlles unha pistola. Os feitos producíronse na rúa Alfonso Décimo, cando os policías acudiron a un piso alertados de que se estaba a producir unha agresión machista.

Unha vez alí, comprobaron que había unha muller cunha ferida na cara e tamén sangue por todo o inmoble. Cando procederon a deter o mozo el tentou agarrar a arma dun axente e ameazou con enviarlles un sicario.

A muller ferida foi trasladada ao hospital, pero negouse a presentar denuncia e dixo que non fora agredida.

Noticias web

27/12/2019