CRTVG

Buscar

Deteñen en Lugo un home acusado de inducir unha menor a prostituírse

Publicado o 07/02/2020 14:32

O home que fora detido en Lugo por un susposto delito de indución a menores quedou esta mañá en liberdade con cargos despois de pasar a disposición xudicial.

Segundo os axentes, o detido ofreceu cartos a unha menor de idade a cambio de manter relacións sexuais, algo que a cativo rexeitou e mesmo puxo en coñecemento dos seus pais. Non obstante, o individuo perseguiu a menor por diferentes rúas da cidade sen depoñer a súa actitude.

Os pais presentaron denuncia no cuartel de Lugo e os axentes identificaron o presunto autor do delito, que xa tiña antecedentes penais por feitos similares.

 

 

Noticias web

07/02/2020