CRTVG

Buscar

Seis detidos pola violación dunha menor de 14 anos en Palma

Publicado o 08/01/2020 20:06

Sucedeu na Noiteboa, nun piso de Palma onde se xuntaron a vítima, de 14 anos, e unha amiga cun grupo de mozos. Ao día seguinte, a menor denunciou a violación na comisaría. O exame forense confirmou a agresión sexual. O martes a policía detivo dous menores como sospeitosos da agresión e púxoos a diposición xudicial. Os dous quedaron en liberdade con cargos e terán que comparecer agora na Fiscalía de Menores. Un deles volveu ao centro de menores onde está tutelado.


 Ramón Morey Delegado do Goberno nas Baleares "Efectivamente hai dous detidos, pero falta ainda por esclarecer moitas cousas, moitos detalles"

Este mércores detiveron outros catro mozos que estiveron no lugar dos feitos e que puideron participar ou consentir a violación. Un ten 19 anos pero os outros tres tamén son menores. Os investigadores piden prudencia.

Ramón Morey Delegado do Goberno nas Baleares " Trátase de menores, tanto por parte da moza afectada coma dos presuntos agresores, polo tanto máis sensibilidade ao tratarse de menores, e máis responsabilidade pola miña parte á hora de dosificar a información que temos nestes momentos"

A vítima volveu este mércores a comisaría para ampliar a declaración que fixo ao día seguinte da agresión. A investigación segue aberta.


 

 

Noticias web

08/01/2020