CRTVG

Buscar

Deteñen dous membos da Banda da COVID que estafaban cobrando tests falsos

Publicado o 18/05/2020 14:09

A Garda Civil conseguiu deter parte dos integrantes da denominada banda da COVID, que se dedicaba a estafar persoas, preferentemente en zonas rurais, facéndose pasar por funcionarios sanitarios e intentando cobrar 250 euros por realizar tests do coronavirus.

Aproveitaban, ademais, o acceso ás vivendas para controlar o que había no interior para roubalos. Tras dous meses de investigación, os axentes conseguiron deter dous integrantes do grupo delituoso na allada cando estaban actuando nunha aldea do concello de Lalín.

Trátase dun matrimonio de nacionalidade romanesa que reside en Ourense. A Garda Civil está convencida de que polo menos outras dúas persoas forman parte do grupo que estivo estafando a xente en Outeiro de Rei, Láncara e A Pobra de San Xiao.




 

Noticias web

18/05/2020