CRTVG

Buscar

Deteñen dúas persoas ao lles atoparen dous quilos de cocaína no coche nun control de estrada en Caldas

Publicado o 03/09/2020 14:12

A Garda Civil detivo dous veciños de Vilagarcía acusados de tráfico de drogas. Esta mañá leváronos a declarar ao xulgado de Caldas que investiga o caso.

A detención produciuse na autoestrada, cando interceptaron o coche nun control aleatorio. Levaban cocaína. Este é o momento en que un dos detidos entra no xulgado acompañado por axentes da Garda Civil. Son dous veciños de Vilagarcía, de 67 e 40 anos, que contan cun amplo historial de antecedentes policiais.

Declararon no Xulgado de Instrución número 1 de Caldas de Reis. A Garda Civil acúsaos dun delito contra a saúde pública, por tráfico de estupefacientes. Atopáronlles dous quilos con 200 gramos de cocaína nun control de estrada en Caldas de Reis nun dispositivo de carácter preventivo que establecera a patrulla de seguridade cidadá, na AP-9. Ao rexistraren o turismo atoparon no seu interior cocaína en dous paquetes con envoltorios plásticos.

Noticias web

03/09/2020