CRTVG

Buscar

Deteñen 4 perigosos atracadores que asaltaron polo menos 5 bares da contorna da Coruña

Publicado o 27/05/2020 14:29

A investigación que permitiu a detención destes 4 individuos iniciouse o 22 de febreiro cando atracaron a propietaria dun bar tal e como recolle a gravación da cámara de seguridade. Asaltárona mentres limpaba o local antes de pechar. Ameazárona cunha arma de fogo e golpeárona para levarlle a recadación do negocio.

As pescudas da policía xudicial de Cambre permitiron reunir probas da relación destes delincuentes con outros roubos en restaurantes da contorna da Coruña, en que empregaron a violencia e armas de fogo para ameazar as vítimas. Montaron un operativo para detelos e colléronos na allada cando ían asaltar outra vítima durante o confinamento. Portaban unha arma de fogo, unha panca e unha maza. Dous dos detidos eran os encargados de realizar as vixilancias.

Tras prestar declaración no xulgado de instrucción numero 6 da Coruña, a maxistrada decretou o seu ingreso en prisión.

Noticias web

27/05/2020