CRTVG

Buscar

Detectan un novo gromo en Verín e soben os positivos nos da Mariñamansa, Riós e A Rúa

Publicado o 07/09/2020 19:05

As autoridades sanitarias informaron este luns dun novo gromo de coronavirus detectado no municipio ourensán de Verín e que afecta tres persoas. En concreto, segundo destacan desde a área sanitara, os casos activos correspóndense con tres mozos de 27, 22 e 26 anos. Por outra banda, o gromo do barrio ourensán de Mariñamansa ascende a 31 afectados tras a detección dun novo caso, o dunha muller de 75 anos, e o de Riós xa conta con 13 casos activos tras sumar dous contaxios: un home de 60 anos e un menor. Finalmente, o foco detectado no municipio da Rúa sitúase nos 10 afectados tras detectar un novo positivo, o dun home de 43 anos.

 

Noticias web

07/09/2020