CRTVG

Buscar

Detectan un novo gromo con catro afectados na provincia de Ourense

Publicado o 11/09/2020 18:49
Detectan un novo gromo con catro afectados na provincia de Ourense

As autoridades sanitarias localizaron un novo gromo de afectados pola covid-19 con varios positivos en diferentes muncipios da provincia de Ourense.

Este novo caso orixinouse nun encontro de amigos, con domilicios en localidades diferentes. En concreto, deron positivo en coronavirus tres homes de 23, 24 e 25 anos e unha muller de 32.

Por outro lado, ascende a sete casos o gromo de orixe familiar en Ourense, tras o positivo de dous homes de 28 e 22 anos, e sobe a 20 outro no mesmo municipio, tras o positivo dun varón de 48 anos.

Finalmente, o gromo de Verín, que ata agora presentaba cinco casos, ascende a seis tras dar positivo un mozo de 20 anos.