Detectan un aumento da dor cervical, de cabeza ou de mandíbula polo uso continuado das máscaras
Publicado o 05/03/2021 17:50
Alteracións na pel, cambios na respiración, menos expresividade, máis esforzo vocal e tamén movementos inusuais nas articulacións. As máscaras son unha protección imprescindible, pero o seu uso continuado ten efectos secundarios.
No eido hospitalario é onde conflúen todos os factores que provocan o aumento de casos de disfuncións nas articulacións temporomandibulares.
E si, tamén escoitamos peor, porque gran parte do que oímos vén a través dos ollos.