CRTVG

Buscar

Sanidade fará un cribado nos comercios e bares do barrio de Ourense con 9 casos

Publicado o 27/08/2020 17:02

• Positivo nunha residencia de Arnoia e nun centro de día de Ourense

• Gromo familiar en Avión con catro casos

• Gromo no Carballiño por unha xuntanza de amigos con cinco positivos






 

Sanidade fará un cribado nos comercios e bares do barrio de Ourense con 9 casos

Un novo gromo de coronavirus, con nove casos positivos, de orixe social foi detectado no barrio da Cuña-Mariñamansa no municipio de Ourense. Así o informado a área Sanitaria de Ourense, que explicou que dous casos corresponden a dous homes de 62 e 81 anos, ingresado no Hospital Universitario de Ourense.

O resto, cinco homes e dúas mulleres, de idades comprendidas entre os 27 e 66 anos, permanecen illados e en seguimento domiciliario por persoal do Sergas, segundo sinalaron as mesmas fontes sanitarias.

De acordo co protocolo, e á espera dos resultados das probas que se realizan á rede de contactos estreitos xa identificados, a todos eles indícaselles corentena de 14 días, para monitorizar a súa evolución, segundo concretan as mesmas fontes, "indistintamente dos resultados das PCR", como é "habitual como medida de prevención", engaden.

Con este "mesmo criterio de prudencia", e como o seguimento de contactos "continúa activo", matiza a área sanitaria, por parte da mesma déronse instrucións ás residencias sociosanitarias localizadas nese barrio de Ourense para "limitar os accesos ou visitas e a saída dos residentes".

Cribado selectivo en bares e comercios

Os equipos de recollida de mostras da Área Sanitaria iniciarán mañá un cribado selectivo de veciños e persoal, que prestou servizos, nos últimos quince días, nalgúns dos establecementos (bares, comercios, etc.), na procura de detectar casos asintomáticos e limitar posibles contaxios, no marco do gromo social, de orixe descoñecido, detectado nesta área de Ourense, na que se mantén activo o rastrexo dos contactos estreitos dos positivos. 

Gromo no Carballiño por unha xuntanza de amigos con cinco positivos

Un novo gromo no concello de O Carballiño con orixe, nunha xuntanza de amigos, que afecta polo momento a 5 persoas, 3 homes de 46, 52 e 32 anos e dúas mulleres, de 53 e 42 años. Todos eles estánillamento e a seguemento domiciliario.

Gromo familiar en Avión con catro casos

No Concello de Avión detectáronse 4 casos, con nexo familiar, que afecta un home de 47 anos, unha muller de 31 e dous menores. Todos eles en illamento e seguemento desde o seu Centro de Saúde. Mantense activo o seguemento de contactos.

Positivo nunha residencia de Arnoia e nun centro de día de Ourense

A detección dun caso positivo, que afecta a unha coidadora da Residencia Sociosanitaria “Ntra. Sra. del Socorro” de Arnoia motivou a posta en marcha, esta mañá, dun cribado a todos os seus residentes e persoal. En total, recolléronse 159 mostras a 90 usuarios e 69 traballadores. 
Igualmente activouse o protocolo Covid ante o diagnostico positivo dunha das traballadoras do Centro de Día Troncoso (Ourense).