CRTVG

Buscar

Detectado o primeiro caso de coronavirus a través do rexistro de viaxeiros da Xunta

Publicado o 01/08/2020 23:56
Detectado o primeiro caso de coronavirus a través do rexistro de viaxeiros da Xunta

A área sanitaria de Ourense, detectou este sábado o primeiro caso positivo dun turista que se inscribiu neste rexistro posto en marcha pola Xunta de Galicia. 

O home, viaxeiro de Santo Domingo, realizouse unha PCR de xeito preventivo. Estaba obrigado a porporcionar os seus datos a este sistema, xa que viaxaba desde un país cunha incidencia de Covid superior á galega. O infectado atópase en illamento así como os seus contactos máis próximos que xa gardan corentena. 

 

Máis sobre Ourense