CRTVG

Buscar

Destapada unha rede de explotación sexual a nenos de centros de acollida de Palma

Publicado o 14/01/2020 21:07

Destapada unha rede de drogas e prostitución de nenos internos en centros de menores de Palma de Mallorca. O Consell confirma 16 casos de explotación sexual infantil que están aloxados nalgúns dos seus 30 centros, propios ou concertados. 

A denuncia da menor de 13 anos que fuxiu dun centro de acollida de Palma de Mallorca o pasado mes de decembro e que afirmaba ser vítima dunha presunta violación grupal foi só a punta do iceberg. O Consell de Mallorca acaba de admitir 16 casos de explotación sexual infantil, 15 nenas e 1 neno, dependentes todos de diferentes centros do Instituto Mallorquino de Asuntos Sociais. Informaba o 'Diario de Mallorca', sobre a denuncia da menor, que antes de que se produciran os presuntos feitos, ofrecéranlle prostituírse nun bar. No mesmo diario fontes policiais aseguraban que existen informes internos que alertaban desde hai anos de sucesos parecidos. Sucesos que non parecen sorprender.

A vulnerabilidade coincide no perfíl das 16 vítimas. Os centros de protección son de réxime aberto e en ocasións non regresan á hora pactada. O Instituto Mallorquino de Asuntos Sociais detallou nun comunicado que se actuou segundo o seu protocolo, informando as forzas e corpos de seguridade do Estado, e que se tratará de coordinar con elas a súa actuación contra a que definen "eiva social".





 

Noticias web

14/01/2020