CRTVG

Buscar

Despréganse as Forzas Armadas en Galicia para conter o coronavirus

Publicado o 17/03/2020 14:20

Despregamento das Forzas Armadas en Galicia para conter o coronavirus. Dende hoxe esta será unha imaxe habitual en Vigo, a dos militares da Brilat patrullando a cidade, cunha misión clara: garantir o cumprimento do estado de alarma por parte da cidadanía.

O seu traballo comezou xa pola noite cando unha pequena unidade realizou tarefas previas de recoñecemento dos puntos máis sensibles. Dende esta mañá, patrúllanos case un cento de efectivos.

Os poucos cidadáns que esta mañá atopamos na rúa sorprendíanse coa presenza militar e algúns mesmo tiraban do humor, tan necesario nestes días.

Porén, a maior parte deles agradece a súa presenza conscientes de que a súa é unha misión polo ben común.

Unha pequena unidade da Brilat mobilizouse esta mañá na Coruña. Con todo, nas próximas horas, na cidade herculina e en Pontevedra serán efectivos da Unidade Militar de Emerxencias os que realicen estas funcións.

 

Noticias web

17/03/2020