Despois das cabalgatas toca erguerse cede para abrir os regalos dos Reis Magos
• Os Reis Magos reparten agasallos aos nenos ingresados no CHUO
• A maxía de rachar o papel a atopar o obxeto desexado que se lle pediu aos Reis Magos
Despois dunha tarde intensa de cabalgata, tocaba deitarse cedo e deixar algo de comida para Melchor, GAspar e Baltasar e os seus acompañantes
A de hoxe é unha xornada de madrugóns pros máis cativos. Hai que apurar a levantarse para ver se as Súas Maxestados os Reis Magos atenderon as peticións.
Así que esta mañá, nin as baixas temperaturas foron quen de impedir que os pequenos saíran á rúa para contarnos os regalos que lles deixaron os Reis Magos. E semella que a maioría acertaron e cumpriron coas peticións dos cativos
E con tantos regalos recibidos hai que aproveitar hoxe e mañá, antes de voltar á rutina e ás aulas.