CRTVG

Buscar

Desmantelada en Barcelona e Cádiz unha banda que introducía ilegalmente en España inmigrantes paquistanís

Publicado o 30/12/2019 13:01

A Policía Nacional desmantelou en Barcelona e Cádiz unha banda que se dedicaba a introducir ilegalmente en España inmigrantes de orixe paquistaní. Hai oito persoas detidas, entre elas o líder do grupo, que están acusadas dun delito de pertenza a organización criminal e outro contra os dereitos dos cidadáns estranxeiros.

Os membos da banda recollían os inmigrantes na cidade italiana de Turín e trasladábanos en minibuses á capital catalá, previo pago de 500 euros. Nos rexistros efectuados, os axentes interviñeron 400 gramos de ouro e 15.000 euros en efectivo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/12/2019