CRTVG

Buscar

Desmantelan en Vigo un fumadoiro e localizan armas e droga

Publicado o 29/09/2020 10:09

Desmantelan en Vigo un fumadoiro onde localizaron droga e ata armas. Foi na rúa Taboada Leal. Os axentes da Policía Nacional, despois dunha investigación que se inciaba a comezos deste mes, detectaban movemento irregular de xente nun local.

Semella que a partir da madrugada pechaba as súas portas ao público pero abría ás persoas que se desprazaban ata alí e daban un contrasinal. Vixiábanos desde o interior a través dunhas cámaras de seguridade, instaladas na fachada do establecemento.

Unha vez que os axentes da policía conseguiron entrar, detectaron no interior máis de medio cento de persoas fumando, sen máscaras e sen manter as distancias de seguridade. Atoparon tamén máis de 1.500 pastillas ilegais. No almacén deron con básculas e pesas.

No interior tamén atoparon diferentes armas ilegais. Foi detido o xerente do local, un home de 48 anos, que xa pasou a disposición xudicial.

 

Noticias web

29/09/2020