Desmantelan en Lugo un punto de venda de drogas e deteñen dúas persoas
Publicado o 06/08/2019 14:30

A policía incautouse de 40 doses de heroína e de 9 de haxix e levou detidos dous homes de 35 e 19 anos de idade.
Os veciños da zona xa presentaran queixas porque no lugar reuníanse a diario adictos á heroína para consumir a substancia e, presuntamente, para mercala. Tamén atoparon no edificio numerosos obxectos que, segundo a policía, poderían proceder de roubos en diferentes puntos da cidade.
Agora os veciños solicitan que tapien o edificio, que está en estado de ruína.
Máis sobre actualidade
01/03/2021 16:53
01/03/2021 16:49