CRTVG

Buscar

Desmantelan en Badaxoz un criadeiro ilegal en pésimas condicións con 55 cans

Publicado o 05/07/2020 11:38

Axentes da Policía Nacional desmantelaron un criadeiro ilegal de cans na localidade de Don Benito, en Badaxoz. Rescataron dezasete cachorros que estaban en condicións hixiénico-sanitarias pésimas. Hai cinco persoas detidas como supostas responsables dos delitos de estafa, usurpación de identidade e falsidade documental.

Para a venda dos animais contaban cunha páxina web e dous locais comerciais en Illescas, en Toledo. Ademais da cría ilegal, os arrestados están implicados no calote a unhas 25 persoas que lles venderon legalmente camadas de cans en páxinas web de compravenda.

Noticias web

05/07/2020