CRTVG

Buscar

Desmantelan a primeira fábrica clandestina subterránea de tabaco de Europa

Publicado o 20/02/2020 20:11

En Málaga desmantelan unha fábrica clandestina de tabaco construída baixo terra. É a primeira que se atopa en Europa. Os axentes liberaron, ademais, 6 traballadores ucraínos que estaban no interior.

Esta granxa de cabalos servía para encubrir un negocio clandestino que movía máis dun millón e medio de euros á semana. Unha fábrica de tabaco, agochada baixo terra, que se abastecía de luz e aire mediante xeradores. Os axentes tardaron horas en dar coa entrada. E unha vez dentro rescataron 6 ucraínos retidos alí en condicións infrahumanas. O xerador levaba horas apagado e os traballadores golpeaban o contedor de saída para que alguén abrise unha entrada de osíxeno.

"Producían 3.500 cigarros cada hora. Interviñemos 18 toneladas de picadura, 3 millóns de cigarrillos destinados ao Reino Unido e estupefacientes".

Os axentes detiveron 20 persoas de orixe británica, lituana e ucraína. Están acusadas de contrabando e de delitos contra os dereitos dos traballadores. 12 están en prisión e 8 quedaron en liberdade con cargos e coa prohibición de saír de España.

Noticias web

20/02/2020