CRTVG

Buscar

Desmantelado un ximnasio en Valencia dedicado ao branqueo dos narcos

Publicado o 18/07/2020 13:50

Unha operación conxunta da Garda Civíl e da Policía Nacional permitiu desmantelar un entramado que un sospeitoso de narcotráfico construíu no seu ximnasio na localidade valenciana de Quart de Poblet, para branquear bens e cartos, cunha suma aproximada dun millón de euros.

 A operación comezou en 2016 e xa se realizaron desde aquela 7 rexistros nos inmobles propiedade do investigado e da súa contorna familiar. Os axentes incautáronse ademáis de substancias prohibidas para o deporte, como anabolizantes e dopantes ademáis de armas.

 No ximnasio apareceron en efectivo máis de 230.000 euros en billetes de 50 euros agochados nun dobre fondo, ademáis de documentación e elementos electrónicos e informáticos. Utilizaban falsos premios de lotaría para xustificar ingresos de cartos que non podían xustificar ante a Facenda.

Noticias web

18/07/2020