CRTVG

Buscar

Designan a Ribeira Sacra Área de Rehabilitación Integral

Publicado o 20/02/2020 14:52

O 5% das vivendas da Ribeira Sacra está en estado ruinoso e un 35% entre regular e malo. Para recuperar estas construcións, a Xunta declara os 25 municipios que a conforman Área de Rehabilitación Integral. Isto tradúcese en que os propietarios poderán optar a axudas de ata 16.000 euros e os concellos de ata 2.000 por casa rehabilitada.

As subvencións son para renovación dos edificios, melloras de eficiencia enerxética e de accesibilidade ás casas e reformas nas instalacións públicas e mobiliario. Os fondos irán reaxustándose segundo a demanda de axudas. Prevén publicar a primeira convocatoria de solicitudes en abril e o reto é rehabilitar dúas mil vivendas en dez anos.

 

Noticias web

20/02/2020