CRTVG

Buscar

Desenvolven en Lugo un sistema que permite coñecer o estado do leite no tanque de frío

Publicado o 26/09/2019 16:58

O futuro da gandería pasa polo uso das novas tecnoloxías. Un exemplo é o dispositivo datalact, que permite coñecer o estado do leite no tanque de frío as 24 horas do día. Así evítanse subas de temperatura, contaminacións ou perdas de calidade. E toda a información transmítese en tempo real ao teléfono móbil do gandeiro. Os 18 produtores que xa o probaron están satisfeitos cos resultados.

"Está claro que en temas de calidade e de seguridade alimentaria non podemos deixar atrás as novas tecnoloxías e os proxectos que nos facilitan o traballo diario".

No proxecto participaron a Cooperativa Vacas da Ulloa, o CETAL e as empresas que desenvolveron o dispositivo. Agora xa llelo pediron en 15 granxas de Andalucía, onde o van instalar na vindeira semana. Datalact controla non só o leite, senón tamén o propio tanque de frío.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/09/2019