CRTVG

Buscar

A cervexa é o novo papel hixiénico

Publicado o 23/03/2020 11:07

Nos últimos días os supermercados españois detectaron un cambio na tendencia de compra. Descendeu a compra de produtos como o aceite ou o papel hixiénico e aumentaron, nun 78 %, as vendas de cervexa.

Segundo os datos recadados na análise Gelt, tamén se reflicte que está habendo unha maior moderación na cesta da compra. Ademais da cervexa, outros produtos que ven aumentada a súa demanda son os limpadores (+34 %), o alcol (+24 %) e as conservas (+23 %).

Algúns dos produtos que baixaron nas vendas son o aceite (-58 %), os pratos preparados (-48 %), o arroz (-46 %), os legumes (-42 %), o leite en po (-36 %), o amoníaco (-33 %), a pasta (-33 %), o papel hixiénico (-10 %) e a lixivia (-8 %).