CRTVG

Buscar

Desde os balcóns celébrase a Semana Santa en moitos sitios de España

Publicado o 10/04/2020 21:47

Desde ventás, balcóns ou portais recibíase o Venres Santo en Hijar, Teruel. Ás doce da noite cumprían coa tradición de "romper a hora" a ritmo de tambores e bombos. O seu toque está declarado patrimonio cultural inmaterial da humanidade pola Unesco, un acto que conmemora o falecemento de Xesucristro.

Doce horas máis tarde, ás 12 do mediodía deste Venres Santo as campás daban paso á famosa “tamborrada de Calanda”, tamén no Baixo Aragón. Este ano o son dos tambores e dos bombos redobraron desde os balcóns. E non contaron cos milleiros de visitantes que cada ano enchen a localidade a e a praza do Pilar de Calanda. Unha "rompida da hora" ben diferente pero igualmente cargada de fe e de emoción.


En Cuenca, os tambores deste Venres Santo estiveron acompañados das sirenas de ambulancias, bombeiros e Forzas e Corpos da Seguridade do Estado, en homenaxe aos que loitan contra o coronavirus. Desde os balcóns e as portas das casas participaron na tradicicional procesión das "turbas" en alusión a eses grupos de xente que acompañaban a Xexús á crucifixión. En Cuenca a Semana Santa está declarada de Interese Turístico Internacional.


En Sevilla sobrecolle o silencio, inédito na súa semana grande, sen procesións este Venres Santo e coas igrexas pechadas polo estado de alarma. Tanto cofrades como sevillanos buscan outras formas de celebrar esta Semana Santa, a falta de procesións compénsana con flores, música e devoción intacta desde o interior das súas casas.


 

Noticias web

10/04/2020