CRTVG

Buscar

Desde hoxe restrínxese a entrada en España desde países externos á UE

Publicado o 23/03/2020 16:57

Xa non se pode entrar a España dende países externos á Unión Europea. A restrición da entrada a España dende países externos estenderase durante un mes. Aplícase así unha disposición do Consello Europeo que restrinxe as viaxes non imprescindibles dende países que non forman parte da Unión Europea. Si poderán entrar en España os residentes, os traballadores transfronteirizos ou corpo diplomático. Ademais de afectarlle aos aeroportos, tamén ten un impacto nos postos transfronteirizos de Ceuta e Melilla, que estarán pechados durante este tempo. 

María José Rallo, secretaria de Estado de Transportes: "Se ben permite a entrada de residentes na Unión Europea, vai facer que se reduza de xeito importante o número de voos de conexións con terceiros países e, por suposto, non se vai deixar entrar a ningún turista".

 

 

Noticias web

23/03/2020