CRTVG

Buscar

Desde hoxe, para saír á rúa, sós ou con conviventes

Publicado o 27/01/2021 14:33

Agora toca saír á rúa en solitario ou acompañados só de conviventes.

"Nada, os dous sós e vía". "Co meu convivente, pero levámolo bastante ben".

Non se permiten as xuntanzas.

"Amoladas porque nos gustaría estar máis coa familia, pero se non se pode".

Vemos maiores que cumpren e mozos que incumpren, e mesmo hai quen acaba de saber dos cambios.

"Eu sóubeno hoxe cando ía camiñar, que me dixeron que non se podía se non se vivía xuntos".

Tamén hai a quen lle xeran desconfianza: "Explícame ti a min quen sabe con quen convives".

Non se debe facer isto e tampouco saír pasear con amigos.

"Tomar café coas amigas si, pero teremos que esperar tres semanas. "Quedamos sen paseo, pero é o que hai e hai que aguantar".

Hai algunhas excepcións. Si xe poden xuntar parellas que vivan en domicilios diferentes ou unha persoa que viva soa pode relacionarse con outra única persoa na mesma situación.

"Ah, non sabía iso. Que ben, iso é novidade para min".

Os menores de idade poderán reunirse cos proxenitores aínda que non convivan ou para o coidado, asistencia ou acompañamenteo de nenos, maiores ou persoas dependentes.

Noticias web

27/01/2021