CRTVG

Buscar

Desde hoxe, os aeroportos da Coruña e Vigo só operarán baixo demanda

Publicado o 08/04/2020 15:36

As compañías aéreas deberán solicitarlle ao aeroporto que estea operativo para os seus voos con tres horas de antelación, dentro do horario habitual de Peinador. Aena toma esta medida ante a baixa mobilidade nesta situación e tamén para reducir o risco de exposición dos seus traballadores. O resto do tempo as instalacións están pechadas.

En calquera caso, a actividade dos voos esenciais está garantida, tanto para abastecemento á poboación como de mercadoría sanitaria.

Noticias web

08/04/2020