CRTVG

Buscar

Desde hoxe funciona no campus da UAM o primeiro bus público sen condutor de España

Publicado o 20/10/2020 21:29

Desde hoxe xa funciona no campus da Universidade Autónoma de Madrid o primeiro autobús público sen condutor de España.

É 100% eléctrico e circula a 20 quilómetros por hora. Polo momento, conta cun asistente á condución, pero a previsión é que dentro duns meses poida funcionar de maneira totalmente autónoma.

Porén, elixiu un mal día para a estrea. Este martes de choiva en Madrid fixo que o seu primeiro percorrido rematara de xeito accidentado.

Unha condutora que ía detrás do autobús 'intelixente' chocou por detrás contra o vehículo. O incidente non tivo maiores consecuencias.

Noticias web

20/10/2020