CRTVG

Buscar

Descontos de ata o 30% en concesionarios para superar o peche da Covid-19

Publicado o 08/06/2020 21:07

Acaba de saír da fábrica, pero os comerciais xa dan por seguro que pasará moi poucos días en exposición. As baixadas de prezos tras a Covid-19 están disparando as vendas de coches.

Nos concesionarios tiñan pensado comezar con só a metade do equipo, pero a demanda fai que traballen xa co cadro de persoal ao completo. Este maio tiveron cifras de vendas semellantes ás do ano pasado e agardan que xuño sexa aínda moito mellor. Dende logo, se están pensando comprar coche, este pode ser un bo momento.

Noticias web

08/06/2020